Novos altofalantes sen fÃos de Ikea
xoves, 10 de xullo do 2025
Ikea vén de presentar un par de altofalantes Bluetooth, dos que o primeiro deles, o Nattbad, xa está dispoñible para a súa compra. Trátase dun altofalante Bluetooth de estética retro que chega en amarelo, rosa e negro, pensado como porta de entrada ao mundo do son doméstico a un prezo de 49,99 euros.
En outubro teremos tamén o Blomprakt, un altofalante de mesa que combina iluminación ambiental e son de calidade, dispoñible en beixe, negro e azul, cun deseño inclinado para orientar a luz e crear atmosferas acolledoras. Está previsto que o seu prezo sexa algo inferior aos 100 euros.
Estes dispositivos están pensados para funcionar de maneira inmediata, sen coñecementos técnicos, con funcións como configuración multi-altofalante ou Spotify Tap (que permite continuar a nosa reprodución musical en Spotify con só premer un botón).

- En outubro poderemos mercar a lámpada-altofalante Blomprakt
