Novos auriculares multiplataforma de SteelSeries
martes, 3 de xuño do 2025
A multinacional SteelSeries presentou hoxe os novos auriculares Arctis Nova 3 Wireless xunto coa aplicación Arctis App, un conxunto pensado para revolucionar a experiencia auditiva nas consolas Xbox, PlayStation e Nintendo Switch co obxectivo de ofrecer un son espacial 360° de nova xeración e un control de audio en tempo real, cun deseño lixeiro e duradeiro e a un prezo de 109,99 euros estando dispoñibles en versións optimizadas para Xbox ou para PlayStation.
- Os Arctis Nova 3 Wireless, ao ter micrófono extraÃble e conectividade Bluetooth 5.3, poden funcionar como uns auriculares sen fÃos ordinarios
Os Arctis Nova 3 Wireless destacan polos seus novos transdutores de audio personalizados con imáns de neodimio, compatibles con tecnoloxÃas como Tempest 3D Audio (PS5) ou Microsoft Spatial Sound. Grazas á aplicación móbil, os xogadores poden escoller entre máis de 200 preconfiguracións de audio adaptadas a xogos como Call of Duty, Fortnite ou Grand Theft Auto, sen saÃr da partida. A aplicación móbil está dispoñible de balde nas tendas de Google e Apple.
Os auriculares permiten cambiar sen interrupcións entre conexións sen fÃos a 2.4GHz e Bluetooth 5.3, co que se pode recibir chamadas mentres se xoga. Ademais, integran un sistema de carga rápida mediante USB-C: con só 15 minutos ofrecen ata 9 horas de uso, e cunha carga completa acadan ata 40 horas de autonomÃa. O deseño, con 260 gramos de peso, incorpora almofadas transpirables, brazos flexibles e unha diadema secundaria elástica para unha maior comodidade.
O micrófono ClearCast 2.X tamén supón un salto de calidade, duplicando o largo de banda con respecto á xeración anterior e garantindo unha comunicación máis nÃtida. O produto está dispoñible en varias cores (negro, branco, aqua e lavanda) e é compatible con múltiples plataformas: ademais das consolas principais, funciona con PC, dispositivos móbiles, Meta Quest ou consolas portátiles con USB-C.