Novos auriculares sen fíos de Razer con certificación THX

venres, 4 de decembro do 2020 Marcus Fernández

A marca de accesorios para gamers Razer conta no seu catálogo con novos auriculares sen fíos, os Razer Hammerhead True Wireless Pro, que presumen de son con certificación THX para gozar de audio de alta fidelidade, e tamén cun sistema híbrido de cancelación de ruído activa, permitindo así poder escoitar música sen molestias.
Estes novos auriculares integran controis táctiles, compatibilidade con asistentes de voz, conexión Bluetooth 5.1 cun modo personalizado de baixa latencia (pensado principalmente no uso de videoxogos), teñen resistencia IPX4 (pensando na suor e en salpicaduras) e tamén inclúe 6 conxuntos de almofadas para elixir entre varios talles e opcións acústicas (entre as que destacan unhas almofadas viscoelásticas medianas de Comply que se adaptan á forma do ouvido).
Mediante o control táctil os Razer Hammerhear True Wireless Pro permiten activar a cancelación de ruído e o modo de atención rápida (que recolle o son externo para que, por exemplo, podamos falar con outra persoa sen sacar os auricualres), controlar a música e as chamadas e activar o asistente de voz. A súa batería achega até 4 horas de batería que, grazas ao estoxo de carga, pode chegar até as 16 horas.
Está xa dispoñibles para a súa compra por 209,99 euros con gastos de envío de balde para España.

Co estoxo de carga os auriculares de Razer conseguen até 16 horas de autonomía

PUBLICIDADE