Novos auriculares sen fÃos de Samsung
mércores, 11 de agosto do 2021
Aos novos smartphones encartables de Samsung acompáñaos un
dos accesorios bastante máis económicos, os auriculares
Galaxy Buds2, deseñados para ofrecer un axuste cómodo que permita o seu uso
durante moitas horas, que proporcionan unha calidade de son superior grazas aos
seus altofalantes de dúas vÃas (que ofrecen uns agudos nÃtidos e uns graves profundos)
á vez que a función de cancelación activa de ruÃdo axuda a bloquear os sons non
desexados (contando tamén con niveis axustables de son ambiental para permitir escoitar
o que nos rodea).
Os Galaxy Buds2 tamén prometen comunicacións de voz máis claras, mediante o uso
dunha nova solución de aprendizaxe automática que filtra distintos ruÃdos de
fondo que distraen. Teñen unha autonomÃa de 5 horas de reprodución coa
cancelación de ruÃdo activa, e xunto co seu estoxo de carga poden chegar até as
20 horas de reprodución.
Estes son os auriculares máis pequenos e lixeiros de Samsung, chegan ao mercado
en 4 cores diferentes e terán un prezo de venda de 149 euros.
VÃdeo promocional dos Samsung Galaxy Buds2