Novos lectores de tarxetas de memoria de SanDisk

xoves, 26 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Sandisk anunciou a renovación dos seus lectores de tarxetas de memoria ImageMate, que melloran a experiencia de usuario gazas a unhas transferencias de datos máis rápidas e un deseño máis atractivo.
Estes novos lectores de tarxetas de memoria son capaces de ler unha tarxeta CompactFlash a 34 Mbytes/seg (co lector All-in-one) ou ler a 30 Mbytes/seg. e escribir a 27 Mbytes/seg. unha tarxeta SDHC (co lector Multi-Card).
O lector ImageMate All-In-One soportaría varias tarxetas inseridas simultaneamente, soportando tarxetas SD, SDHC, miniSDHC, microSDHC, MMC, Memory Stick, Memory Stick Pro Duo, xD e CompactFlash, e ten un prezo recomendado de 29,99 dólares; mentres que o lector ImageMate Multi-Card soporta tarxetas xD, Memory Stick, SD, SDHC e MMC, e o seu prezo é de 19,99 dólares.