Novos monitores de LG
venres, 18 de outubro do 2024
AÃnda que nos últimos tempos os monitores para gaming son os que acaparan os grandes titulares, os fabricantes continúan a atender a un mercado de consumo máis orientado a usos para produtividade, e asà temos como LG está a incorporar 20 novos modelos de monitor que buscan mellorar os contornos de traballo, ofrecendo distintas proporcións de pantalla e resolucións, adaptándose asà ás distintas necesidades dos usuarios.
Por unha banda temos os novos monitores ultrapanorámicos LG UltraWide, entre os que destacan os novos 34BA85QE-B e 34BA75QE-B, monitores con pantalla IPS curva con resolución Quad HD+ (3.440 x 1.440 pÃxeles), con cámara e micrófono integrados e modos de funcionamento Picture-by-Picture (ou sexa, partindo a pantalla en dous lados) pensando claramente na produtividade. Tamén contan con USB-C 3.2 Gen 1 capaz de entregar até 90 watts de enerxÃa (o que resulta moi práctico para cargar equipos comodamente).
Con resolución Quad HD tamén están a estrear un par de modelos con pantallas IPS de 27 polgadas (27BA75QB e 27BA65QB) que prometen unha boa reprodución de cor, unha velocidade de refresco de 100 Hz, asà como conectividade USB-C e HDMI.
Xa en resolución Full HD estrean os monitores IPS 27BA850 e 24BA850 con pantallas de 27 e 23,8 polgadas respectivamente, que integran altofalantes e cámara, converténdoos en equipos prácticos para escritores de traballo actuais.