Novos monitores de LG con funcións de Smart TV
venres, 29 de decembro do 2023
LG presenta unha
nova liña de monitores conectados, os LG
MyView, que buscan facer de monitor para equipos informáticos e,
adicionalmente, integran webOS para poder gozar de aplicacións de Smart TV e
asà poder consumir contidos audiovisuais a través de aplicacións ou enviados a
través de dispositivos móbiles, o que resulta especialmente convinte para
espazos nos que se queira alternar entre traballo e lecer.
Os novos LG MyView chegan en 3 modelos con pantalla IPS de 31,5 polgadas cunha
resolución de 3.840 x 2.160 pÃxeles con marcos case inexistentes, cun par de
modelos (32SR85U e 32SR83U) cun soporte axustable, mentres que o terceiro
modelo (32SR70U) presenta un soporte de perfil baixo.
Os distintos monitores teñen unha frecuencia de refresco de 60 Hz e
altofalantes de 5 watts e mando a distancia, destacando o feito de que o modelo
32SR85U integre webcam, mentres que para o 32SR83U a cámara pode adquirirse por separado.
- Os monitores LG MyView contan con funcións propias dunha Smart TV