Novos números da revista O Barbanza

mércores, 12 de maio do 2021 Redacción

Coas Letras Galegas chegan dous novos números da nosa revista mensual O Barbanza, da que sete mil exemplares van ser distribuídos de balde nos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, O Son, Noia, Lousame, Outes e Dodro, estando tamén dispoñibles a través da Internet.
O primeiro número aborda a reactivación e rehabilitación dos concellos do Barbanza, que recuperan o pulo con novos proxectos. A parte de repasar as novas dos concellos da comarca repasamos o labor do Laboratorio Ecosocial do Barbanza que reivindica a tradición socioeconómica da comarca para frear a destrución do medio ambiente, repasamos a actividade do sector empresarial da comarca e con Congalsa abordamos a nova Andaina Solidaria, a sexta, e no eido cultural as xornadas, Francisco Lorenzo Mariño, que levan o nome do sacerdote de Aguiño que achegan a final de mes tres días de actividades. Nesta edición falamos con Manuel González López, alcalde de Outes quen conta como vai este concello bisagra da ría de Muros e Noia.
A revista leva un especial dedicado ás Letras Galegas e a homenaxe que a comarca fai á figura de Xela Arias. Achegamos as axendas culturais dos concellos, entrevistamos a Uxía Casal, a escritora afincada en Ribeira, distinguida no Día das Galegas nas Letras, tratamos o turismo arqueolóxico co proxecto do parque da Idade de Ferro desenvolvido polos concellos e a Deputación, falamos do itinerario para coñecer a capital de Galicia baixo o prisma de Valle-Inclán e pasamos revista ás novidades editoriais.

PUBLICIDADE