Novos ordenadores todo-en-un de Sony
mércores, 1 de outubro do 2008
- Os JS1 véndense en distintas cores
Sony retoma o
concepto o ordenador todo-en-un (que funciona moi ben cos iMac de Apple) e
lanza a serie VAIO JS1,
que funciona cun procesador Intel Core 2 Duo a entre 2,2 e 3 GHz, ata 4 Gb de RAM,
320 ou 500 Gb de disco duro, pantalla de 20,1 polgadas cunha resolución de
1.680 x 1.050 pÃxeles, Wi-Fi, webcam, 5 portos USB, FireWire, Gigabit Ethernet,
lector de tarxetas de memoria, altofalantes integrados e lector de discos DVD
ou Blu-ray, completando asà un equipo moi válido para o consumo de contidos
multimedia que poderiamos considerar HD
Ready pola súa resolución de pantalla.
Estes elegantes portátiles chegarán
en breve ao mercado europeo, e en palabras de Hidetoshi Takigawa,
director comercial de VAIO para Europa, están «orientados para un uso doado e unhas especificacións e caracterÃsticas
que a xente precisa neste nivel, e que supón un valor xeral excelente. Son unha
excelente xeito de introducirse na marca VAIO e todo o que ofrece».