Nreal Air, as lentes que buscan converterse nunha pantalla virtual

venres, 1 de outubro do 2021 Marcus Fernández

Este ano Vodafone trouxo a España las lentes de realidade aumentada Nreal Light, pese a que a utilidade desde dispositivo é máis que discutible, e o seu fabricante podería avanzar neste eido de xeito paralelo, progresando no que sería a proxección de imaxe nunhas lentes cada vez máis discretas, pero deixando de lado as funcións de integración co contorno, ou sexa, centrándose no consumo de contidos de xeito persoal.
Temos así as Nreal Air, unhas lentes que teñen previsto iniciar a súa comercialización no Xapón, China e Corea do Sur en decembro, e que buscarían ter un prezo económico para popularizar a súa proposta de lentes con pantallas micro OLED que para conseguir un deseño compacto e discreto optan por prescindir dun potente procesador para deixar a carga de cómputo no noso smartphone.
As Nreal Air, ao prescindir dos sensores das Nreal Light, conseguen reducir o seu peso até os 77 gramos, á vez que adoptan unha estética máis próxima ás dunhas lentes de sol tradicionais. Aseguran que as pantallas nas lentes ofrecerán unha velocidade de refresco de 90 Hz cun campo de visión de 46 graos, o que sería como ver unha pantalla de 130 polgadas a 3 metros de distancia, de aí que poidamos entender que este dispositivo busca converterse nunha solución para poder consumir vídeo de xeito privado á vez que afástase dos voluminosos cascos de realidade virtual.
Confíase a que en 2022 cheguen estas novas lentes a Europa como un produto que poida empregarse en combinación con case calquera smartphone, quedando como principal incógnita o seu prezo, que será decididamente o factor decisivo para o éxito deste produto que parece querer crear unha categoría de seu.

As Nreal Air buscarían un deseño discreto, moi próximo ao dunhas lentes de sol ordinarias

PUBLICIDADE