Nubia Alpha preséntase como un ridÃculo teléfono de pulso
martes, 26 de febreiro do 2019
Nubia,
o fabricante segregado de ZTE, presentou no Mobile World Congress un dos produtos
máis rechamantes deste ano, o Nubia Alpha,
un dispositivo que para moitos está a converterse no mellor exemplo de
tecnoloxÃa que pese a ser posible non deberÃa chegar ao público por ser unha
proposta que atenta tanto ao deseño como a usabilidade, xa que estamos ante un smartphone
con forma de reloxo, cunha pantalla curva que rodea o pulso do usuario facendo
moi complicado o seu emprego.
O Nubia Alpha ten unha pantalla OLED de 4,01 polgadas sobre a que pode operarse
de xeito táctil, integra cámara de 5 MpÃxeles para poder facer
videoconferencia, conta con sensores para poder facer un seguimento da
actividade do usuario, inclúe conectividade Wi-Fi, Bluetooth e 4G (con soporte
de eSIM) e tamén permite pagamentos móbiles, ou sexa, que serÃa unha especie de
fusión entre un smartphone e smartwatch, aÃnda que está máis na liña do
segundo, se atendemos ao seu procesador Snapdragon Wear 2100 que vén acompañado
por 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento e baterÃa de 500 mAh (que aseguran que
terÃa unha autonomÃa de até 2 dÃas para un uso regular).
Este incómodo trebello ten
previsto saÃr á venda en abril a un prezo de 449 euros para a súa versión
con conectividade Bluetooth, mentres que o modelo con eSIM sairÃa máis adiante
a un prezo de 549 euros e tamén haberÃa unha versión bañada en outro que
custarÃa 649 euros. Existirá realmente público para o que ten toda a pinta
de ser un prototipo que sairá á venda con pouco criterio?
VÃdeo promocional do Nubia Alpha