Nubia presenta un novo smartphone para gamers
xoves, 29 de novembro do 2018
O
fabricante chinés Nubia, propiedade de ZTE, tamén quere facerse un oco no
sector dos smartphones para xogar, polo que presenta o Red
Magic Mars, un teléfono cun procesador Qualcomm Snapdragon 845 e até 10 GB
de RAM que permitirá a conexión nun lateral dunha extensión que engade ao
terminal un stick e unha cruceta, conseguindo así un mellor control nos xogos.
Este teléfono ten unha pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 2.160 x 1.080
píxeles, altofalantes estéreo, cámara traseira de 16 Mpíxeles e cámara frontal
de 8 Mpíxeles. Sairá á venda en China o vindeiro 7 de decembro a un prezo de
2.699 iuans (342 euros) no seu modelo con 6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento,
3.199 iauns (405 euros) con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e 3.999 iuans
(507 euros) con 10 GB de RAM e 256 GB de almacenamento.