Nuria Alonso, directora de Transformación Dixital de Estrella Galicia, nova convidada de SinFiltro

xoves, 10 de xuño do 2021 S. P.

Volve este 14 de xuño o programa SinFiltro, ciclo de faladoiros para, en palabras da organización do ciclo “pór en valor e dar a coñecer a parte máis humana e persoal dalgúns dos grandes tecnólogos do país”. Ou sexa, para que os expertos en tecnoloxía falen “de todo menos de tecnoloxía”. Desta volta, CIE Tecnologías prepáranos unha charla con Nuria Alonso, directora de Transformación Dixital de Estrella Galicia.
A nova cita será como dixemos o 14 de xuño ás 18.00 horas, e retransmitirase en directo dende Youtube. As persoas que estean interesadas en formar parte do público poden obter información e formalizar a inscrición a través de da web de CIE.
Este faladoiro (e o ciclo na súa integridade) está dirixido polo galego Marcelo Castelo, experto en comunicación e prestixioso divulgador de Thinking Heads, amais de ser un dos nosos maiores expertos en transformación tecnolóxica. Contarase tamén coa presenza de Gonzalo Martínez Diéguez, responsábel de IT en Logifashion.

PUBLICIDADE