Nyko lanza refrixeradores externos para as consolas de alta definición
mércores, 16 de xullo do 2008
As novas consolas de
videoxogos de alta definición teñen unha potencia e consumo superior ao da
meirande parte dos ordenadores do mercado, o que as fai moi sensibles aos
problemas de temperatura (de feito, nas vellas Xbox 360 podÃa producir unha
avarÃa coñecida coma o anel vermello da
morte ou as tres luces) polo que
o fabricante Nyko decidiu lanzar solucións
de refrixeración para PS3 e Xbox 360 que se venderán a 34,99 e 24,99
dólares respectivamente e que, aÃnda que incrementen o ruÃdo das consolas,
poden afectar considerablemente ao rendemento das consolas e a incrementar a
súa vida útil.
Os ventiladores externos teñen sensores de temperatura, de xeito que adaptan a
súa potencia ao calor detectado. Estas solucións colócanse na parte traseira das
consolas e son aptas para o seu uso tanto en vertical coma en horizontal.