O₂ mellora as súas tarifas
luns, 18 de agosto do 2025
Oâ‚‚, o operador de baixo custo de Telefónica, decidiu reforzar a súa oferta cunha suba significativa dos datos móbiles incluÃdos na meirande parte das súas tarifas, a creación dun combinado familiar moi competitivo e a incorporación das novidades futbolÃsticas de Movistar Plus+. Todo iso sen alterar prezos e con aplicación inmediata para clientes actuais e novas altas.
Desde hoxe, O₂ ofrece unha nova tarifa converxente de 35 euros ao mes que inclúe fibra de 600 Mb, dúas liñas móbiles con 40 GB e 10 GB respectivamente, ademais de teléfono fixo con chamadas ilimitadas.
Tamén se incrementan sen custo os bonos de datos en varios plans de fibra e móbil: o paquete de 35 euros con fibra de 600 Mbps e 50 GB pasa a 60 GB, mentres que o de 30 euros con fibra de 300 Mbps e dúas liñas de 10 GB e 30 GB pasa a contar con 40 GB na liña máis completa.
As melloras chegan igualmente ás liñas móbiles adicionais, que ven como os seus lÃmites de datos se disparan: a opción de 30 GB por 5 euros sobe a 40 GB, a de 60 GB por 10 euros pasa a 150 GB e a de 150 GB por 15 euros dobra ata os 300 GB.
A oferta só móbil tampouco queda atrás. A tarifa de 20 GB por 7 euros mensuais convértese en 50 GB, a de 40 GB por 10 euros pasa a 100 GB, a de 100 GB por 15 euros elévase a 150 GB e a de 150 GB por 20 euros ascende a 300 GB.
Amais, todos os clientes con televisión a través de Movistar Plus+ teñen acceso sen custo adicional a LaLiga Hypermotion completa, podendo seguir todos os partidos da Segunda División.
