O 1 de abril A Industriosa celebra en Vigo unha nova kata de Python
mércores, 29 de marzo do 2023
O
vindeiro sábado 1 de abril (en horario de 11.00 a 12.30) continuarán
en Vigo as katas de Python de A Industriosa, un evento
informal e aberto a calquera persoa que se anime a “participar e
compartir unha hora e media da linguaxe de programación Python, café
e ou té”.
Inspirados
nos katayunos, dojos e actividades semellantes, o
formato das katas da Industriosa teñen un formato de grupos de entre
dúas e tres persoas para resolver un reto de programación,
compartir e mellorar as nosas habilidades de Python.
“Durante
90 minutos intentaremos resolver o reto, desenvolvéndoo
iterativamente e co obxectivo de aprender novos enfoques do
problema”, explican dende a organización, engadindo que para
aborar os desafíos botarase man de ferramentas como LeetCode ou
Hackerrank.
As
edicións
das katas anteriores están xa subidas á Rede para ser
consultadas por calquera persoa interesada en participar.
“O
único que necesitamos é acudir co desexo de compartir e aprender.
Non é esencial traer un portátil e tampouco e imprescindíbel
instalar Python xa que traballaremos en recursos online”,
engaden dende A Industriosa.
Como
dixemos, a participación é gratuíta. Temos
máis información sobre a xeira de traballo en Meetup.
Trátase
dun evento organizado por A Industriosa e coa colaboración de Python
Vigo e patrocinado por Xunta de Galicia e a Axencia para a
Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Para
quen non o saiba, Python é unha linguaxe de programación amplamente
utilizada nas aplicacións web, o desenvolvemento de software, a
ciencia de datos e o Machine Learning (ML). Os desenvolvedores
utilizan Python porque é eficiente e doado de aprender, ademais de
que se pode executar en moitas plataformas diferentes.