O 100% dos procedementos da Xunta dirixidos á cidadanÃa, empresas, entidades, e concellos pódense presentar en liña
xoves, 4 de xaneiro do 2024
A
totalidade dos procedementos da Administración autonómica
destinados a cidadáns, empresas, entidades sen ánimo de lucro e
entidades locais xa se poden presentar de maneira electrónica desde
2022. Ademais, o 99,5% de axudas e subvencións tamén poden
solicitarse por vÃa electrónica. Son datos que figuran no
estudo A Administración Dixital da Xunta de Galicia,
publicado a finais de 2023 e elaborado polo Observatorio da Sociedade
da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia.
No
informe tamén se destaca que o 86% dos trámites dispón de
funcionalidades de axuda ao usuario e o 95% poden realizarse desde un
teléfono móbil. Ademais, saliéntase que o incremento de trámites
online dispoñÃbeis reflÃctese na porcentaxe de
presentacións electrónicas rexistradas no sistema de rexistro da
Xunta, que en 2022 superaron o 86%.
O
documento sinala tamén que no devandito ano realizáronse máis de
1,3 millóns de presentacións a través da sede electrónica da
Xunta, o que supuxo un incremento de 1,5% respecto a 2021. Ademais,
durante 2022 houbo 4.299.963 accesos ao cartafol cidadán, o espazo
persoal no que os usuarios teñen acceso aos seus datos, á
situación dos seus trámites coa Administración e a xestión destes
desde un espazo único.
A
investigación tamén salienta o incremento dos usuarios do sistema
Chave365, que permite o acceso á sede a través de claves
concertadas, e que pechou 2022 con 1.4478.302 usuarios activos fronte
aos 1.206.271 usuarios activos de finais de 2021.
Por
outra banda, a plataforma PasaXe! recibiu en 2022 máis de 16 millóns
de consultas.
Durante
2022 o 96% das licitacións presentáronse en liña en Galicia e o
uso da sinatura electrónica a través da plataforma corporativa
Portasinaturas incrementouse nun 21%, rozando os 10 millóns de
documentos asinados.
Respecto
á presenza na Internet, o catálogo de redes sociais da
Administración galega sumaba un total de 444 iniciativas de redes
sociais en 2022, con 2.452.737 seguidores, un 19,2% máis que en
2021. O portal web institucional da Xunta de Galicia recibiu en 2022
máis de 13 millóns de visitas.
O
estudo sinala tamén que o gasto en TIC da Xunta está no 3,3% do
orzamento total, e que o 0,5% do persoal propio dedÃcase ás TIC.