O 68% da mocidade europea consome pelÃculas descargadas da Internet
mércores, 12 de febreiro do 2014
A Comisión Europa vén de publicar un estudo
sobre o perfil da audiencia audiovisual actual e futura nos dez principais
paÃses da Unión Europea, para o que consultaron a 4.608 cidadáns de entre 4 e 50
anos (considerados como mocidade europea), comprobándose que o consumo de pelÃculas maioritario na Unión é na
televisión e no cine doméstico e en salas comerciais, mentres que o vÃdeo baixo
demanda aÃnda está emerxendo.
AÃnda que no informe non se fala de descargas
ilegais para conseguir unha resposta sincera dos consultados, conclúese que
o elevado prezo dos cines e das plataformas legais leva aos cidadáns a recorrer
ás descargas a través da Rede na metade dos individuos consultados, aÃnda que os
motivos para descargar un filme poden atender a causas moi diversas como a
falta de dispoñibilidade (30%), o retraso nas estreas (27%), a grande fiestra
de explotación das pelÃculas (28%) e incluso a falta do tempo para acudir a un
cine (23%).
O
68% dos consultados a nivel europeo serÃan habituais das descargas de filmes a
través da Internet, e aÃnda que en España as entidades de xestión de
dereitos aseguren que somos o paÃs máis
pirata do mundo, só estamos sobre a
media comunitaria en descargas (cun 79%), véndonos superados por outros paÃses
como Croacia, Polonia ou Lituania (chegando este último ao 87%), mentres que os
paÃses con menos descargas serÃan Alemaña e Reino Unido, polo que podemos
concluÃr que existe unha relación directa entre o poder adquisitivo dos
cidadáns e o hábito das descargas (que de todos os xeitos vese con normalidade
en todos os mercados).
Sorprende ver no informe como, no consumo de cine doméstico, mentres o DVD está
lixeiramente por debaixo das descargas (cun 67%), o Blu-ray ten unha posición
bastante mala (20%) a só 2 puntos dun formato considerado obsoleto hai moito
tempo, o VHS.
- Táboa cos resultados do informe por paÃses