O 8 de xullo celébrase a feira Rianxo Gaming Experience

martes, 27 de xuño do 2023 S. P.

O Barbanza vai estar este mes de xullo no punto de mira da puxante comunidade galega e estatal dos seareiros dos videoxogos. O motivo será a celebración do evento Rianxo Gaming Experience, que terá lugar o 8 de xullo no Campo de Arriba da vila rianxeira. Trátase dunha feira de videoxogos que virará arredor destes como produtos culturais e dos eSports.
​​​​​​​O evento está financiado polo Concello de Rianxo; a produción corre a cargo de Lua Gaming e conta coa participación da Fundación Museo do Videoxogo, Galicia Gamer e a Asociación A Vella Escola. O programa inclúe obradoiros e actividades divulgativas, lúdicas e competitivas, que o equipo de Volvemos a Primera Producciones emitirá en streaming ao longo de toda a xornada.
Nun plano máis concreto, a axenda vén cunha charla sobre as posibilidades do lecer dixital no plano educativo, unha sesión vermú musical con Funky Kongs e, para rematar, un concerto con bandas sonoras de videoxogos a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo.

PUBLICIDADE