O ADSL2 segue a ser marxinal en España

xoves, 9 de agosto do 2007

A Asociación de Internautas denuncia que segundo unha enquisa realizada dende a web BandaAncha.st (coa participación de 1.233 usuarios) só o 0,37% das conexións de Internet mediante banda larga (o que serían uns 28.000 usuarios) se realizaría coas modalidades de ADSL2 e ADSL2+ que permiten velocidades de ata 24 Mbps.
Dende a Asociación explican que dos 5,8 millóns de liñas ADSL existentes en España, aproximadamente 4,2 corresponden a conexións minoristas de Telefónica (que non ofrece ADSL2 a usuarios domésticos) e o resto se repartirían entreo o ADSL revendido e o ADSL con bucle segregado de Telefónica (preto de 700.000). Destas últimas só un 4% (28.000 liñas) accedería á Rede mediante ADSL2 ou ADSL2+, polo que consideran que esta tecnoloxía sería marxinal en España, sendo a máis normal a conexión entre 1 e 3 Mbps.

PUBLICIDADE