O Acer Aspire One A150 incorpora unha batería de 6 celas

martes, 28 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O Acer Aspire One corrixe unha das súas principais eivas no seu modelo A150 e inclúe de serie unha batería de 6 celas o que lle permitiría acadar unha autonomía de preto de 6 horas, conseguindo que este ultraportátil de baixo custo cun peso de 1,26 Kg. gañe en atractivo máis alá da súa coidada estética.
O equipo funciona cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz e vén de serie con 1 Gb de RAM, disco duro de 160 Gb, Wi-Fi, Ethernet, 3 portos USB 2.0, saída VGA, lector de tarxetas de memoria e unha carcasa de cor negra que logra conter o seu prezo nos 399 euros.

PUBLICIDADE