O Acer Liquid Mini vístese de Ferrari

martes, 6 de setembro do 2011 Marcus Fernández

A xente de Acer parece que colleulle o gusto a vestir os seus produtos coa marca Ferrari, e o último trebello en pintarse de vermello e lucir o cavallino rampante é o teléfono Acer Liquid Mini, que estrea Ferrari Edition, tanto na súa aparencia externa como cunha serie de contidos precargados (tons de chamada, fondos de escritorio e unha aplicación que facilita o acceso á páxina de Facebook de Ferrari e ás súas contas de Twitter).
O móbil ten un procesador a 600 MHz, 512 Mb de RAM, pantalla de 3,2 polgadas, cámara de 5 Mpíxeles, unha tarxeta microSD de 8 Gb, sistema operativo Android 2.3 e, para completar o produto, un auricular Bluetooth a xogo.
Polo momento non se anunciou a data nin o prezo no que poderemos ver este terminal nas tendas.

PUBLICIDADE