O Apple Watch Nike+ sairá á venda en dúas semanas
venres, 14 de outubro do 2016
A mes e medio da presentación da nova xeración do Apple
Watch, por fin sabemos a data na que o seu modelo máis esperado chegará ao
mercado español, figurando na súa páxina web que o Apple Watch Nike+ estará
dispoñible a partires do 28 de outubro a un prezo de 439 euros con caixa de 38
milÃmetros e a 469 euros con caixa de 42 milÃmetros.
Este smartwatch de Apple inclúe as novidades do Apple Watch series 2,
ou sexa, resistencia á auga e GPS, polo que é bastante máis apto que a primeira
xeración do reloxo conectado de Apple para a práctica deportiva, aÃnda que o
modelo que chega da man de Nike non só se distinguirá por contar cunha correa
transpirable, senón tamén a nivel de software, con esferas exclusivas de Nike e
a aplicación de Nike+ Run Club (que busca acompañar ao usuario mentres corre).
O reloxo non só busca a comunicación do iPhone, senón que persegue obxectivos
como os dos reloxos deportivos, ou sexa, controlar os progresos do usuario e
motivar con recordatorios de actividade e funcións sociais (como establecendo
comparacións cos amigos ou permitindo competir mediante táboas de
clasificación).
- O Apple Watch Nike+ quere animar á práctica deportiva