O Apple Watch Series 10 reduce peso e grosor á vez que agranda a pantalla
luns, 9 de setembro do 2024
Apple presentou hoxe a nova xeración dos seus reloxos, destacando o Apple Watch Series 10 por contar cun deseño máis fino e unha pantalla de maior tamaño (mantendo a súa autonomÃa nunhas 18 horas), o que xunto as novas funcións convértese nun produto que se sitúa como un referente no mercado unha vez máis. Desta volta non se limitan a chegar ao mercado en dous tamaños distintos, senón que tamén será posible elixir entre caixa de aluminio ou titanio en varias cores e acabados, destacando o novo acabado de aluminio en negro acibeche, mentres que as caixas de titanio estarán dispoñibles en acabado natural, ouro ou lousa. Os novos modelos son até un 10% máis lixeiros que o da anterior xeración, redución de peso que chegarÃa até preto do 20% se falamos das novas versións de titanio.
O novo reloxo conta cun procesador SiP S10 con motor neural de 4 núcleos, que fai posible prestacións como Siri no dispositivo, ditado, detección automática de adestramentos, detección de caÃdas e accidentes ou mesmo a aplicación Traducir de watchOS 11.
O Apple Watch Series 10 mellora a súa carga rápida, de xeito que 15 minutos de carga son dabondo para 8 horas de uso normal e permite unha carga até o 80% da capacidade en 30 minutos.
A nivel de sensores, o Apple Watch Series 10 estrea profundÃmetro e sensor de temperatura da auga, asà como a aplicación Mareas, detalles orientados claramente para os amantes dos deportes acuáticos.
AÃnda que nos EE.UU. falan de que o Apple Watch Series 10 pode axudar a detectar a apnea do sono, esta función non se comenta en España, polo que entendemos que está depente de conseguir a pertinente autorización das autoridades europeas.
Estes novos reloxos parten dun prezo de 449 euros con caixa de aluminio e de 799 euros con caixa de titanio, mentres que os outros reloxos dos que falou Apple durante a presentación de hoxe, os Apple Watch Ultra 2, a súa novidade limitouse a estrear unha versión con acabado en titanio negro (cun prezo de partida de 899 euros). En ambos casos os reloxos chegarán ás tendas o vindeiro dÃa 20, estando xa dispoñible a seu proceso de reserva.
VÃdeo de presentación do Apple Watch Series 10