O Apple Watch con LTE chegará a España o 21 de setembro
mércores, 12 de setembro do 2018
Para
comezar de xeito calmo o evento desta tarde, Apple decidiu presentar o Apple Watch Series 4,
nova versión do reloxo conectado da compañÃa da mazá que como cambio máis
visible ten a ampliación da súa pantalla en máis dun 30% sen ter que ampliar o
tamaño da caixa, grazas a unha redución dos bordes. Esta ampliación da pantalla
facilita un maior aproveitamento da mesma, para amosar máis complicacións e, en
definitiva, contar con máis posibilidades.
O Apple Watch continúa a avanzar como un produto orientado ao deporte, pero
desta volta déronlle un xiro moi interesante, xa que, aperta do sensor de pulso
cardÃaco, conta tamén con tecnoloxÃa de electrocardiograma, de xeito que
podemos velo como un accesorio para a saúde. Como prestacións máis curiosa
conta tamén cun sistema de detección de caÃdas graves, que activará unha
chamada ao noso contacto de emerxencia en caso de non detectar resposta por
parte do usuario en certo tempo.
O novo Apple Watch estará dispoñible en tamaños de 40 e 44 milÃmetros, o seu
altofalante escóitase un 50% máis alto e está optimizado para un mellor
comportamento en chamadas telefónicas, no uso de Siri e para a función de
Walkie-Talkie. A súa coroa dixital incorpora agora resposta háptica e no que á
autonomÃa se refire, aseguran que está na liña de modelos anteriores, ou sexa,
que pode aguantar unha xornada completa, o que dende Apple aseguran que é
dabondo, aÃnda que outros smartwatches teñen superado tal limitación hai anos.
Teremos dispoñible o novo Apple Watch para a súa reserva a partires do vindeiro
dÃa 14, chegando ao mercado o 21 de setembro, partindo de prezos de 429 e 459 euros
para os modelos de 40 e 44 milÃmetros, prezo que se incrementarÃa en 100 euros
para o modelo con conectividade 4G, que por fortuna desta volta si chegará a
España a través de Orange e Vodafone, compañÃas que darán soporte de tarxetas
SIM virtuais (eSIM).
- Unha maior pantalla e a incorporación de electrocardiograma supoñen un importante salto para o Apple Watch
VÃdeo de presentación do Apple Watch Series 4