O Aquos Phone SH920W presume de pantalla de 5 polgadas a 1.080p

venres, 16 de novembro do 2012 Marcus Fernández

No mercado asiático están comezando a comercializarse móbiles con pantallas Full HD, creando certo interese por parte de moitos usuarios que queren comprobar en primeira persoa se tal resolución e pantalla pode apreciarse dalgún xeito ou é un malgasto innecesario de recursos. Para ir saíndo de dúbidas, a páxina web rusa Mobile-review publicou unha análise do Sharp Aquos Phone SH930W, que conta cunha pantalla de 5 polgadas e unha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, confirmando que, cando menos neste terminal, a pantalla supera en moito ao que pode ofrecer o resto do móbil, que non chega a saír da gama media.
O Aquos Phone SH920W funcionaría con Android 4.1, un procesador Snapdragon S3 de dobre núcleo a 1,5 GHz e 32 Gb de almacenamento interno non ampliable, estando dispoñible en Rusia por 22.000 rublos (543,95 euros), o que pode parecer un prezo axustado para a súa impresionante pantalla, aínda que no resulta nada claro que teña algunha utilidade contar cunha definición que non pode percibir o ollo humano a unha distancia de uso normal.

PUBLICIDADE