O Arquivo da RAG publica na Galiciana o mecanoscrito dun libro de receitas de Picadillo
luns, 22 de abril do 2024
Mañá 23 de abril, DÃa Internacional do Libro, cúmprense 150 anos do nacemento de Manuel Puga y Parga, alcumado Picadillo, un compostelán que nacÃa no ano 1874 e que a dÃa de hoxe é considerado un dos grandes gastrónomos e divulgadores da cociña galega. Cadrando co dito DÃa do Libro e o 150 aniversario do seu nacemento, o Arquivo da Real Academia Galega (RAG) publica na Galiciana (Biblioteca Dixital de Galicia) en copia dixital o mecanoscrito dun dos seus libros, El rancho de la tropa (1909).
O volume contén receitas pensadas para un menú encamiñado ao sustento da milicia, resume o estilo do autor: accesÃbel, irónico e vitalista. O seu xeito de escribir fÃxoo moi popular, amais da súa actitude transixente como alcalde da Coruña durante a folga revolucionaria de agosto de 1917. Morreu na mesma cidade un ano despois, aos 44 anos de idade, por mor da pandemia de gripe de 1918.
Manuel Puga y Parga naceu no seo dunha familia acomodada. O seu pai, Luciano MarÃa Puga Blanco, avogado de Curros EnrÃquez no axuizamento pola publicación de Aires da miña terra, era tamén catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC), cidade da que tamén foi rexedor. Picadillo licenciouse en Dereito e traballou na Dirección Xeral de Rexistros e Notariado durante o goberno de Cánovas del Castillo, posto ao que renunciou tras a morte do polÃtico conservador nun atentado. De volta en Galicia exerceu como xuÃz municipal en Arteixo e comezou a publicar artigos sobre temas costumistas e gastronómicos nos xornais coruñeses, reunidos en media ducia de volumes relacionados coa cociña. No seu libro Pote aldeano -que a Academia posúe como parte da Biblioteca Emilia Pardo Bazán- Picadillo executa unha verdadeira novela de costumes de gran valor etnográfico, no que o xantar forma parte dos itinerarios do autor pola Galicia de primeiros do século XX. DescrÃbense alà os ritos e menús do Entroido, os casamentos, as romarÃas, as supersticións e as festas patronais e mesmo a preparación dunha caldeirada nunha embarcación cos mariñeiros que saÃran faenar. O seu libro máis coñecido: La cocina práctica (1913), recolle os artigos que fora publicando nas páxinas de El Noroeste e El Orzán. Engadir que este volume gozou dun éxito inmediato e foi reimpreso en numerosas ocasións, a salientar o seu limiar, de Emilia Pardo Bazán.