O Asus Eee Keyboard sairá no segundo trimestre do ano
xoves, 5 de marzo do 2009
Asus anunciou no
CeBIT que o seu Eee Keyboard, equipo informático completo integrado nun teclado,
chegará
ao mercado durante o segundo trimestre do ano (posiblemente en maio)
en dous modelos: un con cable (que se venderá a uns 400 dólareS) e outro sen
fÃos (a uns 600 dólares).
O Eee Keyboard vén a ser un ultraportátil de baixo custo no que se prescinde do
monitor principal, pois funciona cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, vén
con 1 Gb de RAM, unidade SSD de 16 ou 32 Gb, 2 portos USB 2.0, Wi-Fi,
Bluetooth, saÃdas e entradas de audio e saÃda VGA (que no modelo máis caro
tamén inclúe un porto HDMI sen fÃos). A maiores tamén conta cunha pantalla
táctil de 5 polgadas que deberÃa servir para controlar certas funcións sen
apartar as mans do teclado e o grande atractivo deste equipo estarÃa nos seus
usos en combinación cun televisor en alta definición, tanto para a reprodución
multimedia como para achegar contidos da Internet.