O Asus Eee sairá en distintas versións despois do verán
venres, 17 de agosto do 2007
Asus está a preparar un novo ordenador ultraportátil
que terÃa que saÃr durante o verán, pero que se demorará ata finais de setembro,
destaca especialmente polo seu prezo, de xeito que veñen de anunciar que as
versións que se venderán nos EE.UU. terán
prezos de entre 199 e 399 dólares, de xeito que poderÃa ser unha boa
alternativa para os usuarios que precisen dun segundo equipo para levar a todas
partes.
O Asus Eee, do que xa
falamos antes do verán, terá unha versión básica a 199 dólares
que terá unha pantalla de 7 polgadas, mentres que a versión de 10 polgadas
custará 299 dólares, variando os prezos deste modelos segundo a capacidade da súa
baterÃa (que permitirÃan unha autonomÃa de ata 5 horas de uso) ou do seu disco
duro baseado en memoria de estado sólido (que reduce o seu consumo e permite
arrancar o equipo nuns 15 segundos).
Estes novos equipos funcionarán tanto con Linux coma con Windows XP, pesan só 890 gramos e, aÃnda que
as primeiras unidades comecen a venderse a finais de outono, os distintos
modelos irán saÃndo durante os seguintes meses, podendo demorarse ata mediados
de 2008 algúns dos mesmos.