O Asus Transformer Prime mellora a súa resolución de pantalla

martes, 10 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

O Asus Transformer Prime TF700T en vivo

Esta semana chega a agardada actualización a Android 4.0 para o Asus Transformer Prime, tablet que destaca por contar cunha base con forma de teclado que tanto facilita a entrada de texto como incrementa a súa autonomía cunha batería adicional, pero non é a única novidade deste excelente tablet con procesador de 4 núcleos nVIDIA Tegra 3, senón que durante o CES tamén anunciaron unha versión mellorada do mesmo, que principalmente muda a súa pantalla para conseguir unha impresionante resolución de 1.920 x 1.200 píxeles, o que é todo un logro para un panel de só 10,1 polgadas.
Este tablet, modelo TF700T, tamén mellora a súa cámara traseira (agora de 2 Mpíxeles) mentres que a cámara frontal continúa nos 8 Mpíxeles e modifica lixeiramente o seu panel traseiro para corrixir certos problemas co GPS detectados no seu modelo anterior. Chegará ao mercado no segundo trimestre do ano.

PUBLICIDADE