O Audiovisual Galego entrega os Mestre Mateo esta noite

mércores, 9 de maio do 2007 Raquel Noya

O Colón Caixa Galicia de A Coruña, acolle este mesmo serán a festa do audiovisual galego por excelencia, a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06, que será retransmitida pola TVG a partir das 21.30 horas. Os presentadores da Gala, Manuel Manquiña e Antonio Durán Morris serán os encargados de encamiñar o espectáculo desta nova edición dos Premios, á que se presentan o maior número de producións da súa historia: 125 traballos e 63 produtoras.
O único premio que se coñece até o de agora (xa que os traballos audiovisuais premiados veñen nun sobre selado e lacrado dende a propia notaría), é o Premio de Honra Fernando Rey, que outorga a xunta directiva da Academia, e que este ano recaeu no realizador Pedro Amalio López polo seu labor profesional na TVG.
A longa listaxe dos finalistas ós Premios Mestre Mateo deste ano recóllense con detalle na web da Academia Galega do Audiovisual.

PUBLICIDADE