O BNG propón no Congreso a concesión de licenzas de telefonía móbil para Galicia

mércores, 10 de marzo do 2010

A Comisión de Industria, Turismo e Comercio vai debater, ás 17:00 horas deste mesma tarde, unha iniciativa do BNG para que o Goberno, mediante a xestión compartida do espectro radioeléctrico coa Xunta de Galicia, permita conceder licenzas para operadores sen fíos na nosa Comunidade.
Francisco Jorquera considera “fundamental esta medida para que o medio rural galego teña cobertura de calidade en servizos de telefonía móbil e banda larga de Internet”.

PUBLICIDADE