O Banco de Reciclaxe de ESF Galicia na Coruña organiza un obradoiro de soldadura electrónica

xoves, 16 de maio do 2024 S. P.

O Banco de Reciclaxe Electrónica de ESF Galicia na Coruña, coordinado por Jorge Lama, organiza este mes de xuño unha actividade maker ao servizo da comunidade argalleira. Trátase do Taller do iniciación á soldadura electrónica, que se celebra o 14 de xuño na Domus da Coruña (no 91 da rúa Ángel Rebollo), organizado polo Banco en colaboración coa comunidade de Bricolabs e do propio Museo Domus. Celebrarase en horario de 17.00 a 20.00 horas.
Podemos atopar toda a información sobre a actividade na web do Banco de Reciclaxe, que subiu tamén a localización exacta do obradoiro.
Neste taller levaranse a cabo varias prácticas guiadas de soldadura con estaño de compoñentes electrónicos. O obxectivo é formar aos asistentes con recursos que lles permitan montar e reparar aparatos electrónicos e ter unhas nocións básicas de soldadura, unha cuestión fundamental para os ámbitos da robótica, a Intelixencia Artificial en, xeral, as diferentes vertes do ámbito maker.