O BlackBerry Motion chega a España a un prezo de 469 euros
xoves, 15 de febreiro do 2018
Tras a súa presentación
no mes de outubro, o smartphone BlackBerry Motion
fÃxose esperar moito para chegar aos mercados europeos, pero aos seareiros da
marca que confÃen en TCL (o seu fabricante actual) non lle van pór doada a
decisión de compra, xa que este teléfono chega a un prezo moi elevado para as
súas especificacións, xa que véndese
a 469 euros.
Lembremos que o BlackBerry Motion é un smartphone con Android 7.1, pantalla Full
HD de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 625, 4 GB de RAM, 32 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 256 GB), cámaras
de 12 e 8 MpÃxeles, NFC, baterÃa de 4.000 mAh, lector de pegadas dixitais, resistencia
á auga, un grosor de 8,12 milÃmetros e un peso de 167 gramos, ou sexa, unhas
caracterÃsticas que corresponden a terminais de fabricación chinesa a metade de
prezo, parecendo difÃcil de xustificar a diferenza de prezo polas aplicacións
de BlackBerry preinstaladas que buscan converter o teléfono nun dispositivo que
coide máis a seguridade que un terminal estándar.
- Este smartphone da marca BlackBerry chega cunhas especificacións propias dun móbil chinés de gama media do ano pasado