O BoomStick promete unha mellor calidade sonora para os nosos auriculares
luns, 4 de xaneiro do 2016
Hai uns meses comentamos o éxito en
Kickstarter do amplificador portátil UAMP, que pese a que tiña que terse
convertido en realidade o pasado verán non
iniciou a súa fabricación até a semana pasada, polo que non chegará aos
seus mecenas até marzo, cando atopará un competidor no mercado, o BoomStick, un
trebello que xa pode encargarse por 99 dólares en cor negra ou prata e que permite
transformar o son para calquera auricular con toma de mini-jack mellorando
considerablemente a experiencia sonora de videoxogos, pelÃculas e música de
case calquera dispositivo.
Esta creación de BoomCloud 360 vai
poder verse no CES de Las Vegas nos vindeiros dÃas e pretende compensar a
baixa calidade coa que normalmente recibimos o son de contidos en liña,
audiovisuais e xogos, pese a que a imaxe non para de progresar dÃa a dÃa.
O BoomStick é pequeno, lixeiro e a súa baterÃa dura até 14 horas, controlándose
só con 1 botón circular que acende ou apaga o accesorio que pode aplicarse a
calquera fonte de son que chegue a través dun conector de audio de 3,5
milÃmetros. Non estariamos ante unha solución que fixese que o son se escoitase
máis alto, senón que se escoitarÃa mellor, podendo percibirse sons que doutros
xeito pasarÃan desapercibidos (o que pode parecernos unha versión mellorada do
botón de bass boost que incluÃan
moitos reprodutores de CD).