O Bq Aquaris E4.5 Ubuntu Edition vendeu hoxe as súas primeiras unidades
mércores, 11 de febreiro do 2015
Hoxe saÃu á venda por tempo limitado e só para a Unión
Europea o novo Bq Aquaris E4.5
Ubuntu Edition a un prezo de 169,90 euros, o que permite facer un
achegamento asumible ao sistema operativo móbil desenvolvido por Canonical, que
supón un importante cambio á hora de interactuar co smartphone, aÃnda que polo
momento ten carencias que van dende un funcionamento inestable propio das
primeiras versións dunha plataforma até a ausencia de aplicacións tan
importantes actualmente como WhatsApp.
Este smartphone ten unha pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 960 x
540 pÃxeles, procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB
de almacenamento interno, cámaras de 8 e 5 MpÃxeles, dobre SIM, Bluetooth 4.0, baterÃa
de 2.150 mAh, un grosor de 9 milÃmetros e un peso de 123 gramos. Unhas
prestacións bastante xustas que son dabondo para un terminal de entrada con
Android (sistema operativo que incluÃa este terminal inicialmente) e que agora é
o primeiro teléfono do mundo en funcionar con Ubuntu (para o que parecer ser potente
dabondo, xa que este sistema operativo deberÃa ser capaz de operar
correctamente con terminais que teñan dende 512 MB de RAM).
O novo teléfono esgotou as unidades en pouco tempo, e irán poñéndose unidades á
venda paulatinamente durante os vindeiros dÃas en vendas lóstrego para atender a súa demanda inicial e suscitar tamén
certo interese sobre o terminal de marca española (como demostrou o feito de que saturasen a páxina web do produto durante os primeiros minutos á venda).
- O novo sistema operativo móbil inclúe innovacións, pero carece de importantes aplicacións