O Brasil esixe que o iPhone se abra a tendas de aplicacións de terceiros
venres, 7 de marzo do 2025
- Tribunal Regional Federal da 1ª Região (TRF-1)
Conselho Administrativo de Defesa Econômica (CADE) do Brasil considera que Apple está a realizar prácticas anticompetitivas coa súa tenda de aplicacións, polo que esixÃa á compañÃa de Cupertino a liberación da distribución de aplicacións e o procesamento de pagamentos en iOS, e agora o Tribunal Regional Federal da 1ª Região (TRF-1) dálle a razón, polo que Apple deberá permitir tendas de aplicacións alternativas nos iPhone como xa acontece na Unión Europea.
Agora Apple ten un prazo de 90 dÃas para cumprir as recomendacións do CADE, aÃnda que xa indicaron a súa intención de apelar a decisión argumentando que as propostas da entidade brasileira poderÃa «prexudicar a privacidade e a seguridade» dos usuarios, como tamén fixo no seu momento ante as autoridades europeas.