O CEIP San Tomé de Cambados e o IES Alexandre Bóveda de Vigo, gañadores do certame de podcasts O Vello dos Contos
martes, 21 de xuño do 2022
Finalmente
resolveuse a cuarta edición dos Premios Internacionais de Podcast
Xosé Mosquera, O Vello dos
Contos, convocados polo IES Rosalía de Castro e Arraianos
Producións en colaboración con Ponte nas Ondas e a Xunta de Galicia
(a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe
Valentín García). As gravacións dixitais gañadoras foron as
seguintes: na categoría de Primaria o CEIP San Tomé de Cambados
por Entrevista a don Maio
Galán, e na categoría
de Secundaria o IES Alexandre Bóveda de Vigo por As
letras de Flow(rencio).
O obxectivo deste certame, dirixido ao alumnado de 10 a 18
anos, é promover a lingua e a cultura galega e portuguesa entre a
mocidade mediante a elaboración de gravacións sonoras online
e orixinais relacionadas coas nosas nosas escritoras e escritores. No
caso desta edición (a cuarta) púxose o foco en Florencio Delgado
Gurriarán, quen tomou a remuda de Xela Arias (homenaxeada no 17 de
maio en 2021) como figura das Letras Galegas 2022.
Premio
especial
O
xurado tamén decidiu por unanimidade outorgarlle este ano un premio
especial ao podcast titulado A rimar con Florencio
Delgado do CEIP Raíña Fabiola de Santiago de Compostela (A Coruña)
pola “súa participación activa nos obradoiros de gravacións
sonoras dixitais” e pola “alta calidade do traballo do alumnado
de 4º de Primaria”. O xurado quixo destacar o extraordinario nivel
dos traballos realizados e o esforzo do alumnado e do profesorado.
Finalistas
na categoría de Primaria
•
CEIP San Tomé - Cambados, Pontevedra| Entrevista a don Maio Galán
•
CEIP Mestre Manuel García - Oia, Pontevedra | Pandeirada
•
CEIP de Figueiroa - A Estrada, Pontevedra | A Estrada, terra de
lendas
•
CEIP Sada y sus Contornos - Sada, A Coruña | Tarabelo nas ondas
•
CEIP Raíña Fabiola - Santiago de Compostela, A Coruña | A rimar
con Florencio Delgado
•
CEIP Mestre Valverde Mayo - Sanguiñeda, Pontevedra | Ouh Capitán,
meu Capitán
•
CEIP Antonio Carpintero - O Pazo, Pontevedra | Radio Horacio. Falando
sobre Galicia
•
CEIP das Vendas da Barreira - Vendas da Barreira, Ourense | O
Galeguismo e Florencio Delgado Gurriarán
•
CEIP Antonio Carpintero - O Pazo, Pontevedra| Cadea Arbo. Aprende
galego, non sexas parvo.
•
CEIP Antonio Carpintero - O Pazo, Pontevedra | Radio Arbo. Podcast
galeguista.
Finalistas na categoría de Secundaria
•
IES Alexandre Bóveda - Vigo, Pontevedra |
•
IES Mendiño - Redondela, Pontevedra |
•
CMUS Profesional da Coruña - A Coruña |
•
IES Poeta Díaz Castro - Guitiriz, Lugo |
•
IES Poeta Díaz Castro - Guitiriz, Lugo |
•
IES O Ribeiro - Ribadavia, Ourense | Grupo 3
•
IES Mendiño - Redondela, Pontevedra | Sentimos o próximo e
creamos versos
•
CPR Plurilingüe María Assumpta - Noia, A Coruña | Xóvenes
historiadores - Laudas gremiais de Santa María a Nova
•
CPR Plurilingüe Losada - Vigo, Pontevedra | Espertade pobo galego
•
CPR Plurilingüe Divino Salvador - Vigo, Pontevedra | Delgado
Gurriarán nas ondas