O CELGA colabora co Proxecto Nós para a recollida de voces en galego
martes, 28 de maio do 2024
A SecretarÃa Xeral da Lingua que dirixe ValentÃn GarcÃa está a desenvolver este mes de maio as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA) dos niveis 1, 2, 3 e 4, correspondentes á primeira convocatoria anual, tanto en Santiago de Compostela como en Ponferrada. A SecretarÃa Xeral, tendo en conta que as probas inclúen un exame oral e que reúnen un número relevante de persoas interesadas, tirou proveito desta circunstancia para a recollida e cesión voluntaria de voces en galego coas que poder colaborar co Proxecto Nós.
O Proxecto Nós é unha iniciativa da Xunta de Galicia e mais da Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa que se pretende promover a presenza dixital da lingua galega, co fin de garantir que esta estea dispoñÃbel en diferentes aplicacións e ferramentas tecnolóxicas como as que pretenden desenvolverse en materia de Intelixencia Artificial e tecnoloxÃas da linguaxe. Para iso, o Proxecto Nós precisa contar cunha compilación de diversos recursos como as mostras de voz.
Con esta idea, os dÃas 18 e 19 de maio, aproveitando a realización das probas do CELGA 4 no IES Antonio Fraguas Fraguas, en Santiago de Compostela, e na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, puideron recollerse case 800 mostras de voz. Esta campaña continuou durante a realización das probas do CELGA 3 e do CELGA 2, os dÃas 25 e 26 de maio, asà como do CELGA 1, o dÃa 1 de xuño.