O CESGA achega a segunda edición do seu curso sobre Big Data
venres, 22 de decembro do 2017
O
Centro de
Supercomputación de Galicia (CESGA) vai organizar os vindeiros dÃas,
do 15 ao 18 de xaneiro, a segunda edición do seu curso sobre Big
Data, unha
actividade (ao igual cá primeira entrega, celebrada en novembro,
aÃnda que agora cun enfoque máis avanzado) de gran interese para
investigadores e profesionais das universidades, centros de
investigación e PEME que queiran extraer o máximo partido aos seus
grandes volumes de datos.
Con
esta nova proposta formativa avanzada o CESGA busca dous obxectivos:
por unha banda dar resposta ás demandas formativas crecentes en
materia de analÃtica de grandes volumes de coñecemento (tecnoloxÃas
fundamentais para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i, tanto en
universidades como en centros de investigación como en empresas), e
pola outra, dar a coñecer as posibilidades da plataforma de Big
Data do CESGA, que permite explorar eses grandes volumes de datos
ou facer probas de concepto.
No
curso, complementario á
introducción xa dada anteriormente (aÃnda que non é preciso
ter feito a actividade previa), exploraranse as capacidades de
análises estatÃsticas e de Machine Learning da dita
plataforma en particular e, en xeral, da plataforma Spark. Será
impartido novamente polos profesores e investigadores Tomás
Fernández Pena e David E. Losada.