O CESGA celebra o 27 de abril o DÃa das Rapazas nas TIC
martes, 11 de abril do 2017
O vindeiro 27 de abril temos unha xuntanza
ineludÃbel con todas aquelas cousas que nos serven para loitar
contra a fenda dixital feminina e, tamén, contra a imparábel caÃda
da presenza de muller nos estudos TIC (un proceso do
que falamos recentemente en Código Cero, a través dun chamamento
urxente emitido polo Colexio Profesional de EnxeñarÃa Técnica en
Informática de Galicia, o CPETIG). Falamos da vertente galega do
DÃa
Internacional das Rapazas nas TIC, impulsada unha vez máis polo
Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) na sede de seu, e
acollendo, novamente, múltiples actividades para visualizar unha
serie de verdades que están alén de toda dúbida. Por exemplo, que
a Sociedade da Información non será nin integradora nin universal
nin innovadora nin global nin accesÃbel senón conta coa presenza
das mulleres para darlle forma e contido.
Por esta razón, a xornada contará coa presenza
de catro investigadoras e desenvolvedoras TIC galegas para falar polo
miúdo das súas experiencias e, tamén, para romper estereotipos nas
etapas educativas previas á universidade (de feito, as súas
vivencias serán compartidas vÃa streaming, e tamén de forma
presencial, con centros educativos galegos). Isto será pola mañá,
porque pola tarde o CESGA ten previstas máis actividades: obradoiros
de robótica e programación (coa ferramenta Scratch e máis con
Lego), impresión 3D, realidade aumentada, arte en pÃxel, creación
de booktubes e
booktrailers, etc. Ademais, tamén está programada unha visita
guiada ao Supercomputador Finis Terrae 2, o corazón tecnolóxico do
CESGA.
A cita organizada polo centro compostelán é a
edición galega dunha celebración mundial, precisamente o
DÃa Internacional das Rapazas nas TIC. Trátase dunha actividade
orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren
o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador
e profesional.
Volvendo á xornada prevista para Santiago, está
previsto (como dixemos) que arrinque sobre as 11.00 horas cun
coloquio virtual dende os centros educativos de Secundaria por
multiconferencia con catro destacadas galegas emprendedoras,
investigadoras e desenvolvedoras TIC, que se porán a disposición do
alumnado participante para darlle a coñecer os detalles do seu
quefacer diario, amais de resolverlle dúbidas sobre un ámbito
profesional que, como é sabido, está inzado de prexuÃzos e ideas
preconcibidas que cómpre corrixir (por exemplo a falsa crenza de que
a informática é só cousa de homes). A duración da actividade
será de 1:30 horas, até ás 12:30. Participarán as seguintes
relatoras:
· Carmen Cotelo Queijo. Licenciada
en FÃsica pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa
dende 1999 no Centro de Supercomputación de Galicia, onde é
analista informática senior e coordina a participación do
CESGA no proxecto europeo Fortissimo 2. Ten unha longa experiencia en
proxectos de I+D en diferentes ámbitos como: comercio electrónico,
computación de altas prestacións e Grid, aplicacións
cientÃficas e soporte a empresas para a incorporación de HPC
(computación de alto rendemento) aos seus procesos.
· Nieves R. Brisaboa. Doutora en
Computación e PsicoloxÃa. Catedrática da área de Linguaxes e
Sistemas Informáticos, creou en 1996 o Laboratorio de Bases de Datos
(LBD,) declarado grupo de investigación de excelencia pola Xunta de
Galicia. Foi xestora do Plan Nacional de investigación en
Informática entre 2010 e 2014. Recibiu no 2016, do Colexio de
EnxeñarÃa de Informática, o Premio Ada Byron, pola promoción da
informática entre as mulleres. Impulsa tanto a investigación de
excelencia como a transferencia de tecnoloxÃa.
· Alba Alonso. Doutora en FiloloxÃa
Inglesa e mestra, emprendedora e fundadora da
empresa RealKiddys.com, unha
plataforma que promove un proxecto educativo de igualdade de xénero
e coeducación sen estereotipos, elaborando material e
actividades para traballar neste eido. Entre outras
iniciativas recentes participou como relatora no TEDxGalicia 2015.
· MarÃa Jesús Taboada. Doutora en
Ciencias FÃsicas pola USC. Investigadora en intelixencia
artificial e as súas aplicacións na medicina dende o departamento
de Electrónica e Computación da USC. Dirixe o grupo de
investigación KEAM (Knowledge Engineering Applied to Medicine),
referente a nivel internacional no seu eido.