O CESGA contribuíu a publicación de 582 artigos científicos entre 2002 e 2007

mércores, 31 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O vicepresidente da Xunta visitando as instalacións do CESGA

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) consolídase coma o centro de referencia para a comunidade científica galega, un recursos que se traduce tamén nun maior número de publicacións científicas.
Entre 2002 e 2007 os investigadores que fixeron uso da potencia de cálculo do CESGA (que mellorou considerablemente coa posta en marcha do superordenador Finis Terrae) publicaron un total de 582 artigos de investigación en revistas con factor de impacto, que no 73,2% dos casos corresponden a publicacións de grande consideración global, segundo o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, que recolleu e normalizou os traballos de investigación publicados como resultado do uso tecnolóxico que ofrece o CESGA, reflectindo unha evolución positiva no número de artigos que ven a luz nas revista de maior impacto.

PUBLICIDADE