O CESGA inaugura o seu computador cuántico
luns, 2 de outubro do 2023
A conselleira de
EconomÃa, Industria e Innovación, MarÃa
Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe no CESGA o computador cuántico con maior
potencia (32 bits cuánticos) instalado nunha institución pública de I+D+i
no sur de Europa. O computador estará aberto á investigación e á innovación de
todos os sectores académicos e empresariais, e tal e como sinalou Lorenzana constituirá
a principal infraestrutura do Polo de TecnoloxÃas Cuánticas que está a impulsar
o Goberno galego co obxectivo de colocar a Galicia á vangarda neste eido,
apoiar o ecosistema innovador e atraer talento investigador.
A infraestrutura
supón un investimento de 13,9 millóns de euros, financiados pola Xunta de
Galicia con fondos do programa React-UE do programa operativo Feder Galicia
2014-2020 dentro da súa aposta pola transición dixital do sistema produtivo e
por contar coas mellores infraestruturas de investigación.
O novo computador
cuántico permitirá ás empresas, centros tecnolóxicos e grupos de investigación
mellorar a súa competitividade e produtividade ao acceder a unha ampla
variedade de aplicacións que transformarán os seus procesos e mellorarán as
súas estratexias de investimento, o que requirirá de persoal cualificado. AsÃ,
ponse en marcha nas tres universidades galegas a primeira edición do mestrado
en cuántica.
Na súa
intervención, a conselleira de EconomÃa, Industria e Innovación avogou por
converter a aplicación destas tecnoloxÃas nunha maneira de atracción de
empresas e de desenvolvemento da súa competitividade, sinalando que as
tecnoloxÃas cuánticas van transformar todos os sectores, entre os que citou a
medicina, a aeronáutica, a biotecnoloxÃa ou as finanzas. Do mesmo xeito,
sinalou a importancia da colaboración entre o sector público e o privado para
avanzar na innovación e no crecemento económico.
O contrato con
Fujitsu, adxudicataria da licitación do computador cuántico, inclúe diferentes
infraestruturas complementarias, e un plan de colaboración que incorpora a
posta en marcha do centro internacional de excelencia en tecnoloxÃas cuánticas
en Galicia. A iniciativa enmárcase no Polo de TecnoloxÃas Cuánticas de Galicia
impulsado pola Xunta, no marco do cal se están a realizar investimentos por
importe de máis de 30 millóns de euros.
Neste eido, vénse
de poñer en marcha tamén a Rede Galega de TecnoloxÃas Cuánticas, unha rede de
colaboración entre a Administración, os centros tecnolóxicos e de
investigación, as universidades e o sector empresarial para sumar esforzos e
avanzar no liderado de Galicia nestas tecnoloxÃas.