O CESGA muda o seu modelo de dirección

luns, 4 de agosto do 2025 Redacción

O Consello da Xunta aprobou hoxe a modificación dos estatutos do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) para reforzar a súa estrutura de xestión. Os novos estatutos substitúen o modelo de dirección unipersoal por un equipo directivo con perfís especializados en ciencia, xestión e infraestruturas, adaptado ao crecemento e proxectos de alto impacto.
Esta medida chega nun momento no que estamos á espera da entrada en funcionamento dun novo edificio do CESGA, co obxectivo de fortalecer o seu liderado internacional, polo que o Consello da Xunta hai un par de semana autorizou a licitación de dous contratos para a adquisición de novos equipamentos cun investimento superior aos 34 millóns de euros: a compra do novo supercomputador Finisterrae IV e dun sistema de almacenamento (por máis de 25 millóns de euros), así como dun computador cuántico (por máis de 9 millóns).