O CITENI e o CITIC mostran as súas investigacións aos participantes na International Staff Week
luns, 29 de setembro do 2025
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o adxunto de Mobilidade e Convenios da VicerreitorÃa de Titulacións e Internacionalización, Bruno Casal, recibiron na Facultade de Humanidades e Documentación, ao persoal docente, investigador e de administración e servizos (procedente de Bélxica, Bulgaria, Grecia, Letonia, Lituania, Polonia, Portugal, República Checa, RomanÃa, TurquÃa e de UcraÃna) que participa na International Staff Week do Campus Industrial de Ferrol.
Ao longo da semana, as 35 persoas participantes nesta International Staff Week coñecerán, de primeira man, o Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais (CITENI), situado no Campus Industrial de Ferrol, e o Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC), emprazado no campus coruñés.
A maiores, o programa do evento inclúe tamén varias visitas turÃsticas a puntos de interese das dúas urbes como pode ser, no caso da cidade departamental, o Museo da Construción Naval (Exponav).
Unha das actividades que está a espertar o interese do público asistente a esta Internacional Staff Week é a presentación das iniciativas de innovación docente desenvolvidas, nos últimos meses, desde o Campus Industrial de Ferrol, no marco dos Proxectos Europeos Erasmus+. Deste xeito, o xoves 2 de outubro, o persoal docente da Universidade da Coruña (UDC) presentará os principais resultados dos proxectos Eco-Maker, InterGames, AIM@VET, SHOREWINNER e 3E-Partnership.
A Semana Internacional do Persoal 2025 pon o foco na transformación dixital da educación superior e nela participa persoal docente e administrativo de institucións de toda Europa e de fóra a participar. O programa está deseñado para facilitar o intercambio de boas prácticas, fomentar a colaboración e explorar enfoques innovadores para a internacionalización na educación superior.
