O CITIC achega novos obradoiros sobre Ciencia de Datos no IES Miraflores de Oleiros

xoves, 2 de febreiro do 2023 S. P.

O pasado martes, 31 de xaneiro, tivo lugar no IES Miraflores de Oleiros outra sesión sobre Ciencia Datos dirixida a alumnado de 1º de Bacharelato do centro que participan no programa STEMbach da Xunta de Galicia.
Esta sesión estivo precedida por un primeiro taller celebrado o pasado 24 de xaneiro sobre a mesma temática a cargo das investigadoras Ana López-Cheda e Rebeca Peláez.
Desta volta, impartiron a sesión os investigadores do CITIC (Centro de Investigación TIC da UDC) Ricardo Cao e Inés Barbeito que centraron o seu taller na clasificación supervisada, mostrando algúns exemplos da súa aplicación en especies vexetais.
Tamén comentaron os principais aspectos do proxecto COVIDBENS, entre eles o da estimación das proporcións de variantes de SARS-CoV-2, facendo unha pequena simulación na aula.
Por último, os investigadores orientaron ao alumnado sobre a oferta académica da Facultade de Informática da UDC, especialmente sobre o Grao de Ciencia e Enxeñería de Datos.