O CITIC albergará unha xornada sobre Innovación aplicada ás TIC

xoves, 24 de abril do 2014 Redacción

O vindeiro martes 29 de abril o CITIC será escenario da Xornada Innovación aplicada ás TIC organizada por Factoría de Innovación A Coruña e que parte do obxectivo de incentivar a innovación achegándoa a todas as empresas para que constitúa un piar básico nas súas organizacións.
No seu desenvolvemento varios investigadores do CITIC levarán a cabo demostracións dalgúns dos proxectos do Centro en fase transferible ao sector empresarial, dando a coñecer os seus beneficios, características e capacidades.
Estas demos son un exemplo de Transferencia Tecnolóxica e de coñecemento que presenta o CITIC, un dos Centros de maior relevancia a nivel nacional polo seu coñecemento en levar á sociedade os beneficios das súas investigacións mediante a transferencia.
Durante esta Xornada trataranse en profundidade temáticas como a innovación aberta e a súa utilidade como instrumento para axudar ás empresas a aumentar a súa competitividade e crear novos produtos, aspectos nos que o CITIC é todo un exemplo de como aplicar a transferencia tecnolóxica pola súa experiencia como socio estratéxico de PEME e grandes empresas para a mellora da súa actividade.
A inscrición na xornada, con carácter gratuíto, pode realizarse a través da páxina web da Factoría de Innovación, por correo electrónico ou no teléfono 981 060 996.
O programa da xornada queda como segue:

10:45 Rexistro de Asistentes
11:00 Presentación da Xornada
11:15 Innovación aberta: Cooperación con axentes externos; Centros Tecnolóxicos
11:45 As TIC como elemento innovador na aprendizaxe
12:15 Café Networking
12:30 Showroom: Aplicación Industrial das TIC: Demostracións do CITIC
· Inloc: Sistemas e Servizos de Localización en Interiores - Carlos Escudero, Javier Rodas e Valentín Barral, Investigadores do CITIC
· gisEIEL: Infraestruturas e Equipamentos Locais (Proxecto financiado pola Deputación da Coruña) - Miguel Luaces, Investigador do CITICe Pedro González da Deputación da Coruña
· Syntheractive: vídeo sintético interactivo - Miguel Barreiro
13:30 Mesa redonda: Que é a Transferencia Tecnolóxica e como funciona?
14:00 Rogos e preguntas

PUBLICIDADE