O CITIC constitúe unha Fundación para potenciar as súas actividades

venres, 20 de novembro do 2015 Redacción

JPEG - 125.9 KB
O rector da UDC defendeu o papel da Universidade como servizo público, considerando necesario formar a un elevado número de enxeñeiros en Informática para atender á súa demanda

O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto Barbeito, presidiu esta mañá o acto de constitución da Fundación do Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC) de Galicia, do Parque Tecnolóxico universitario no Campus de Elviña. A nova entidade presentouse logo ao público, contando coa presenza do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o vicerreitor de Investigación e Transferencia, Ricardo Cao; o presidente da nova Fundación CITIC de Galicia; o vicepresidente da Fundación CITIC de Galicia e o coordinador do CITIC, Manuel Penedo, ademais do reitor.
A Fundación do CITIC de Galicia incorpora no seu padroado, xunto cos investigadores do CITIC, ao sector empresarial, aos colexios profesionais e aos clúster TIC, así como ao Concello da Coruña. Ten como obxectivo potenciar as actividades de investigación e transferencia na área das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións ao sector produtivo, para o que haberá unha maior implicación coas empresas do sector.
O padroado está formado pola Universidade da Coruña, Concello da Coruña, Altia Consultores, Appentra Solutions, Avansing, Bahía Software, Cluster TIC Galicia, Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia, Emetel Sistemas, Enxenio, Indra Software Labs, R Cable y Telecomunicaciones Galicia, Tecalis Engineering e Tecnoloxías Plexus.

JPEG - 149.5 KB
Manuel Penedo deu conta da actividade do CITIC durante a presentación da nova Fundación
JPEG - 105.2 KB
Ricardo Cao Abad presidirá a Fundación CITIC
JPEG - 114.8 KB
Antonio del Corral aproveitou a ocasión para reivindicar que o sector TIC non debe considerarse unha industria auxiliar, senón que ten entidade de seu.
JPEG - 334.5 KB
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, laiouse polas limitacións legais que impiden ao Concello da Coruña formar parte do padroado da Fundación CITIC dende o primeiro momento, confirmando á súa vez o respaldo do Concello a este nova entidade.
JPEG - 170.4 KB
O padroado da Fundación CITIC ten unha participación moi ampla do sector

PUBLICIDADE