O CITIC da UDC amosa o seu traballo ao Clúster Saúde de Galicia
mércores, 18 de marzo do 2026
O CITIC recibiu este martes 17 de marzo a visita do Clúster Saúde de Galicia nunha xornada que puxo en valor o traballo cientÃfico e tecnolóxico do centro da UDC en proxectos de saúde. Esta actividade forma parte do ciclo Visitas UDC Conecta cos clústeres galegos, promovido pola Oficina de Transferencia de Coñecemento da Universidade da Coruña, que busca achegar ás empresas e entidades do ecosistema galego as capacidades de investigación e innovación da universidade.
Durante a xornada, o xerente do Clúster de Saúde, Iván RarÃs, puido coñecer as principais liñas de investigación do CITIC, que van desde a análise avanzada de datos biomédicos e intelixencia artificial aplicada á saúde, ata desenvolvementos de tecnoloxÃa médica e ferramentas dixitais innovadoras para o sector sanitario.
Javier Garrido, responsable de Transferencia e Innovación do CITIC xunto a un grupo de investigadores e investigadoras do centro, encargáronse de presentar estes proxectos, o que permite identificar vÃas de colaboración entre o tecido empresarial e os grupos de investigación do centro, abrindo oportunidades para iniciativas conxuntas, transferencia tecnolóxica e desenvolvemento de solucións innovadoras que poidan ter un impacto directo na mellora da saúde e do benestar da sociedade.
A xornada continuou coa visita ó CICA (Centro Interdisciplinar de QuÃmica e BioloxÃa) da UDC, na que diversos grupos de investigación da área de biomedicina do centro presentaron as súas principais liñas de traballo, poñendo en valor o seu potencial para xerar solucións innovadoras no ámbito da saúde desde unha perspectiva One Health.
A esta sesión sumouse tamén persoal investigador do CITENI (Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais) do Campus Industrial de Ferrol, asà como doutros grupos non adscritos da UDC, reforzando a visión colaborativa e transversal da investigación na universidade.
