O CITIC da UDC obtén 1,7 millóns de euros para unha decena de proxectos

venres, 9 de decembro do 2022 S. P.

O CITIC da UDC captou fondos por valor de 1,7 millóns de euros para proxectos de transición ecolóxica e innovación e tecnoloxías intelixentes aplicadas á oftalmoloxía. Fíxoo a través de dúas convocatorias do Plan Estatal de Investigación Científica 2021-2023. Concretamente foron dez os proxectos seleccionados, na súa maioría parte pertencentes á area de Intelixencia Artificial, que abordarán solucións tecnolóxicas para mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras, o diagnóstico de doenzas e o tratamento de pacientes ou algoritmos de selección de características verdes, entre outras.
Así, nove iniciativas do CITIC resultaron beneficiarias da convocatoria de Proxectos Orientados á Transición Ecolóxica e a Transición Dixital, que ten como finalidade fomentar as actividades de I+D+i para incrementar a competitividade e o liderado internacional da ciencia e a tecnoloxía a través da xeración de coñecemento científico mediante unha investigación de calidade. Os proxectos seleccionado foron os seguintes:
-Arquitectura Lakehouse en la Nube como Facilitador de la Digitalización. IPs Juan Touriño Domínguez e Guillermo López Taboada.
-PLAGEMIS (PLAtform for the GEneration of Mobility Information Systems). IPs: Nieves R. Brisaboa e Miguel Rodríguez Luaces.
-Sistema de Alta Seguridad Basado en Blockchain para la Gestión Privada de Datos de Pacientes de Servicios de Salud Digitales. IP: Tiago Manuel Fernández Caramés.
-Calidad de vida para personas cuidadoras a través de una solución tecnológica centrada en la persona. IPs: Betania Groba González e Laura Nieto Riveiro.
-Detección integrada de vídeo y radar para el posicionamiento en interiores de personas sin dispositivos y con garantía de privacidad basada en edge AI. IPs: Carlos J. Escudero Cascón e Luis Castedo Rivas.
-Algoritmos de selección de características verdes y rápidos. IP: Verónica Bolón Canedo.
-Tutor de programación inteligente mediante robótica simulada. IPs: Francisco Bellas Bouza e Óscar Fontenla Romero.
-Diagnóstico digital: Transformación de la detección de enfermedades neurovasculares y del tratamiento de los pacientes. IPs: Marcos Ortega Hortas e Jorge Novo.
-Behavior-Based Continuous Authentication Technology as a Service. IPs: Carlos Dafonte Vázquez e Francisco Javier Nova Manuel.
Tecnoloxías intelixentes en oftalmoloxía
Pola súa banda, na convocatoria de proxectos Probas de Concepto, tamén do Plan Estatal de Investigación, Científica e de Innovación, resultou beneficiario o proxecto de Marcos Ortega sobre Melloras no diagnóstico e investigación clínica mediante tecnoloxías intelixentes aplicadas a imaxe oftalmolóxica. A investigación, que parte dos resultados dun proxecto de I+D anterior que finaliza este ano, desenvolveu e validou metodoloxías para o diagnóstico e caracterización de patoloxías maculares baseadas na análise automática de imaxes multimodais, principalmente
retinografía, OCT e OCT-A. Precisamente, estes métodos son obxecto agora da Proba de Concepto coa finalidade de transferilos ao mercado e a sociedade nunha forma axeitada de uso. Así mesmo, permitirá integrar no sistema de saúde unha ferramenta informática de diagnóstico precoz de patoloxía ocular, mellorando a calidade de vida dos pacientes e aforrando custes no seu tratamento e seguimento.

PUBLICIDADE